Lidia P Diaz

Portfolio de Lidia P Diaz

×

Quero crear unha tenda en liña, mais…¿por ónde comezar?

Como crear tenda en liña

Hoxe en día (e agora máis por mor da pandemia do Covid-19) é imprescindible crear unha tenda en liña… ¿mais por onde empezar? ¿qué plataformas hai que nos poidan axudar?, ¿canto custa?.

A hora de montar un negocio, pénsase no nome, nos productos a vender, na estratéxia de márketing (tanto offline coma online) e tamén chega un punto onde apóstase por crear unha versión en liña da tenda co fin de poder achega-lo producto a calquer recuncho do planeta e así xerar máis ventas.

Pero é importante facelo con sentidiño, sería unha mágoa que tras planificar tan ben o negocio, non fixera-lo mesmo o crear esa mesma tenda na súa versión dixital. Non te cegues co que esté de moda ou usen outros, párate a pensar qué tipo de tenda queres, cales son as túas necesidades e qué obxetivos queres conseguir.

Unha vez plantexado todo é hora de informarse cómo podes crear esa tenda en liña e qué ferramentas te poden axudar para conseguilo. Se tes coñecementos de programación poderás crea-la páxina web o teu gusto e completamente adaptada as túas necesidades. Se pola contra, non dominas a programación nin tes presuposto para contratar a un programador web podes recurrir a un cms e dunha maneira sinxela conseguir estar na rede.

Que es un cms

¿Qué é un CMS?

As siglas CMS veñen de Content Management System, é dicir, un sistema no que poidas manxea-lo contido da túa web (subir cousas novas, cambialas de sitio, ordealas acorde a unha base de datos, etc.) Entre as funcións que teñen os cms podemos destacar tres:

  • Crear un sitio web
  • Xestión e mantenemento da web
  • Administración do sitio web

A través dunha interface, o cms axuda a saber cómo crear contido e tamén inclúe algún apartado para personaliza-lo diseño da web.

Moitos CMS posúen tamén plug-ins ou programas adicionais para completar algunhas das súas funcións: sincronizar con Google Analytics, creación de back-ups ou ferramentas que axudan o posicionamento SEO son as mais comuns.

Iso si, non é ouro todo o que reloce e o uso de cms pode ter algunha contra fronte a crear unha páxina web dende cero:

  • Non é 100% persoalizable, ás veces é posible que haxa que pagar por cambiar ou deseñar algún elemento e outras veces nos será imposible cambialo. Isto pode facer que haxan webs que semellen moi parecidas polo que a identidade da túa marca pode vérse un pouco afectada.
  • Os cms son un pouco máis sensibles os ataques informáticos aunque isto no quere dicir que vaias a ser atacado/a. Ademáis tamén é posible que no hosting onde alonxes a web teñan tamén protocolos de seguridade.
  • Hai que ter coidado tamén de que estén optimizados xa que poden xerar unha lentitude na carga da túa web, de tódolos xeitos, a maioría conta con plug-ins para poder mellorar esta parte.

Piollo


¡Ollo o piollo!, ten coidado con elexi-la plantilla, non te cegues polo bonitiño e o deseño xa que por moi fermosa que sexa a web, se tarda moito en cargar non será efectiva. ¡Elixe con sentidiño!




¿Qué tipos de CMS hai?

Neste apartado só imos ver os CMS habituais para crear unha tenda en liña. Hai unha morea deles, tantos como tipos de páxinas webs (tendas en liña, blogs, wikis, foros…)

Logo Magento

Magento

É a máis completa de todas pero para aproveitala ben esixe que se teña coñecementos en programación.

É moi usada e coñecida, sobretodo no outro lado do charco, polo que ten unha comunidade moi activa e poderás atopar moitos foros de axuda, a maioría en inglés.

Se necesitas unha ferramenta potente porque tes unha grande previsión de venta, necesitas integrar unha morea de funcións e tes coñecementos de programación, éste sería o cms a escoller. É recomendable que de usalo o fagas nun hosting dedicado xa que o compartido podía resentirse moito as cargas e a velocidade.

Logo Woocommerce

WordPress + Woocommerce

Esta opción non é un cms per sé, pero é unha solución moi empregada para crear pequenas tendas en liña que teñan poucas ventas e non teñen un gran volume administrativo.

Se estades interesados/as nesta opción e queredes ver qué vos pode ofrecer, podedes botar unha ollada o blog de Anxo Sanchez xa que o explica moito mellor ca min.

Logo Shopify

Shopify

Este cms de pago (ten 3 plans anuais) ofrece dúas solucions fundamentais: permite crear unha tenda en liña dunha forma rápida e fluída e xerar márketing de contidos engadíndolle un blog, polo que o fai moi completa.

Unha das maiores diferencias deste cms é que está na nube, isto é dicir, que non necesitas contratar un hosting que aloxe a web. O malo disto é que obriga a contratar alguns dos seus plans para comezar a vender xa que de non ser asi, a tenda non sería visible nin funcionarían as pasarelas de pago.

Por outro lado, malia que ten varias funcións que axudan o SEO, pode xerar algúns inconvintes xa que xenera por defecto palabras nas URLs. Outro problema é que non ten traductor polo que crear unha tenda en varios idiomas non vai ser posible.

Logo Prestashop

Prestashop

E chegamos ó final con este cms de código aberto e gratuito que xa o usan unhas 300.00 tendas. Inclúe unha plantilla por defecto que pode persoalizarse e, en caso de que necesites algo máis concreto, poderás elexir entre un gran catálogo de plantillas/temas de pago. Tamén hai unha morea de addons ou plug-ings que te axudarán a poñer a punto a tenda e ter un control total das ventas, sendo moitos deles de pago.

O que hai ter presente á hora de deseña-la tenda é que este cms está basado en módulos que se poderán organizar ou colocar nas distintas partes da tenda. Ofrece unha boa solución para a xestión administrativa da tenda como por exemplo, a creación de facturas, configuración de impostos, etc.

Se queres apostar por unha venta forte, necesitas un bo control do que está pasando e non te queres complicar para crear unha tenda en liña, este é o teu cms.

En resume…

-> Un cms é un sistema que axuda a crear un sitio web (blog, tenda, foro)

-> Antes de elexir qué cms usar é importante pararse a pensar qué tipo de tenda en liña imos crear, cantas ventas esperamos ter e que necesidades son imprescindibles.

-> Hai que ter en conta que teñen alguns puntos negativos como que non sen 100% personalizables e quizás teñamos que invertir á hora da creación da tenda e hai que estar pendente de que no ralentice a carga da páxina.

E ata aquí polo de agora, non olvides deixar en comentarios qué outros cms para crear tendas en liña coñeces, cáles usas ou cáles cres que funcionan mellor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *