Portada-SEOSEM
Marketing

Diccionario SEO / SEM

Search Console, keyword, indexar… Quen se adica tanto a deseño web coma a márketing dixital seguramente sóanlle estas palabras: ¿pero que demo significan?, ¿a qué ven tanto galimatías?

Nesta entrada imos ver os conceptos que máis se usan en SEO e SEM e crear un diccionario que nos axude a aclarar estes conceptos e así posicionarmos nos buscadores.

A

Araña web (web crawler): A araña dun buscador serve para detectar o estado dunha web e notificalo ó buscador para así posicionar o sitio web. O seu obxectivo é rastrexar toda a estructura dun sitio web: entran na web, van detectando as distintas URLs e vanas rastrexando a súa vez espallándose no entramado do sitio.

Ahref rank: É a métrica que usa a ferramenta Ahrefs e serve para poder ver a autoridade que pode ter unha web. Poderemos ver nunha gráfica se a nosa autoridade é alta ou baixa para google. Dende 2021 a autoridade dunha páxina é importante para posicionar.

Algoritmo: Os buscadores usan esta fórmula matemática para clasifica-las páxinas en base a unha serie de requisitos. Son “normas do xogo” que cambian cada certo tempo, quen mellor se adapte a elas, mellor posicionado estará.

Anchor text/Texto ancla: O anchor text, ou tamén chamado texto ancla, é o texto que aparece nun enlace, soe estar destacado do texto normal para que o/a usario/a detecte que ese texto leva a outra páxina web, Poden incluso ser de varios tipos(para ser un texto tan curto trae cola…):

  • marca: o texto do enlace é o nome da marca: a mellor cervexa é a Estrella Galicia
  • palabra chave: úsase unha keyword para o enlace: coñece as marcas de cervexas galegas
  • marca + keyword: sería sumar ámbalas dúas opcións anteriores: cervexa Estrella Galicia
  • URL: pon a mesma URL que apunta o enlace: https://estrellagalicia.es/gl/
  • Xenérico/non optimizado: un texto calquera que indique que é un enlace: pincha aqui

Existen outros tipos de anchor text pero estos son os mais comuns. Hai moita información sobre este termo e daría para un punto aparte pero o que se debe saber sobre os anchor text á hora de usalos para SEO é que señan de distinto tipo e que apunten tanto a webs internas coma externas.

<< Na variedade está o gusto. >>

B

Backlinks: Son os enlaces que están noutro sitio web (externo) e que apuntan a nosa web. Canto máis backlins consigamos e máis nos referencien coma fonte fiable e de información, máis subirá a nosa reputación e mellor valorados estaremos nos buscadores.

Black Hat SEO: Son técnicas prohibidas para posicionar dunha maneira rápida (incluir textos ocultos que só lee google, reutilizar textos de outros, copiar webs, spamear noutras webs co noso enlace, etc.)
⚠️  Nada recomendable de seguir esta táctica xa que o final detectarao Google e nos penalizará.⚠️

C

Canibalización (SEO): Prodúcese cando estamos intentando posicionar unha palabra chave repetida en distintos contidos do mesmo sito web. Por exemplo, se queremos posicionar coa keyword muiñeira e esta encontrase en dous URLs do mesmo sitio web: un artigo do blog e unha ficha de producto. Neste suposto Google non saberá qué páxina web queremos posicionar e é moi probable que ambas se posicionen mal ou que unha “coma” a outra.

Existen moitos tipos de canibalización e formas de solventalo, o importante é ter un bó estudio de Keywords, analizar en qué situacion estamos e qué medidas podemos tomar.

Canonical: É habitual que nun sitio web grande haxa algunhas URL duplicadas, para que no buscador non penalice por contido, podemos marcar unha desas URLs como canonical (importante ou principal) iso sóese facer co atributo rel=”canonical”; En canto a Google outra forma sería non poñer esa URLs no Sitemaps xa que por defecto considera tódalas URLs contidas no Sitemaps como canonicals.

Core web vitals: Son tres factores (LCP, FID e CLS) basados na optimización e na experiencia de usuario que se deben cumprir para unha boa posición. Ó parecer, en maio de 2021 cobrará especial importancia para posicionar

CLS: Mide o que sería a estabiliade visual dunha web, según carguen os elementos da web éstos permanezcan no mesmo sitio e non provoquen missclick O que mide é a frecuencia e magnitude coa que se dan estos cambios. O obxectivo será estar por debaixo dun 0.1

CTA: Ven das siglas Call To Action e é tal como o seu nome indica é unha chamada a accion (facendo click, suscribíndose, chateando…) para que o/a usuario/a interactúe connosco a través da web. Forma parte do funnel de conversión xa que a través desa interacción quizáis podamos conseguir un cliente, suscriptor, ventas, etc.

CTR: Mide o ratio de clicks que recibiu o noso enlace /anuncio en relación as impresións obtidas. Canto máis alto máis éxito teremos.

CPC: é o mesmo método que o PPC. Cando creamos unha campaña en ads (google ads, facebook ads, etc) cada click que o/a usuario/a fai no noso enlace ten un coste que pode variar dependendo da campaña que configuráramos (o coste vai en forma de puxa que se pode consultar na propia app donde creamos o anuncio)

D

Dominio: É o nome da páxina e está asociado a unha IP. Realmente as páxinas están identificadas por unha IP que con servidores DNS tradúcense a un dominio. En canto a SEO é recomendable:

  • Usar unha palabra chave para crea-lo dominio.
  • Evitar carácteres extraños (ñ, ç) acentos e guións.
  • Adquirir un dominio territorial (.es en España, .gal Galego, etc) se queremos posicionar só a nivel nacional e elexir un xenérico (.com, .net) se queremos internacionalizarnos.

E

Enlaces, links ou hipervíncluos: Calquer texto que o pinchar co rato enriba del, lévannos a unha páxina web ou outro contido diferente de onde partimos.

Erro 404: cando ó pinchar a un enlace non se encontra a páxina porque ésta xa non existe, o servidor onde está aloxada a web devolve este erro. É moi importante evitar que saian este tipo de erros xa que é moi penalizable. Para evitalos débese facer unha redirección ou ben oculta-la URL (indicar que non sexa indexada polo buscador).

Etiquetas: Unha etiqueta forma parte do linguaxe HTML. O linguaxe HTML é o que se usa para crea-las páxinas webs (entre outros) e está formado por etiquetas acotadas entre os símbolos maior e menor que indican cómo se debe mostrar ese elemento no navegador.

<h1> Isto é un título</h1>
<img> </img> con esta etiqueta podemos engadir unha imaxe

En canto o SEO, úsanse as etiquetas para xerarquiza-la información mostrada: qué parte do texto é un título, o corpo do texto (párrafo), palabras destacadas en negrilla (soen ser keywords), uso de listas…
A importancia de usar ben as etiquetas valen tanto para mostra-la información da maneira máis atractiva posible o/a usuario/a como que seña valorado polos buscadores como unha web estructurada e ben organizada.

I

Indexación/indexar: Indexar é cando o buscador inclúe a web nos seus resultados (outra cousa é que esté na posición 1 millón pero estar, está…)
Se é unha web con importancia e forza aparecerá enseguida ó ser creada. Se pola contra; é unha web pequena, pouco coñecida e sen reputación é moi posible que non esté indexada.
No caso de Google pódese pedir indexa-la páxina a través da ferramenta Search Console.

Tamén pode darse o caso contrario, que non queramos indexar unha páxina. É moi frecuente non indexar páxinas como condicions legais, formularios de contacto, etc., é dicir, páxinas que non aportan información importante nin hai SEO aplicado nelas (teñen outras funcións). Se non queremos indexar unha web podemos facelo tanto en Search Console como no arquivo robots.txt (isto último é o máis recomendable)

K

Keyword: é a palabra importante que nos axudará a posicionar. Pode ser unha palabra, término ou criterio que o/a usuario vai usar para encontrar unha web. Por exemplo, se un posible cliente quere comprar unha flor é moi posible que escriba no buscador flor, floristería, ramo… debemos poñer estos termos na nosa web para que ó buscar estas keywords apareza a nosa web.
En resume: son palabras chave que todo o mundo usa e que nos axudan (e moito) a posicionar e aparecer os primeiros

Keyword research: Con relación ó anterior, un bó estudio de palabras clave nos vai axudar a posicionar mellor. Non se trata de poñer palabras ó chou e sempre repetidas (¡na variedade está o gusto!) por iso hai que examinar cales son as palabras de búsqueda máis usadas, e polas que hai unha competencia de posicionamento máis forte, en contra posición dos termos menos buscados que terán unha competencia menor e será máis sinxelo posicionar con esos termos.

Keyword long tail: Seguindo coas palabras chave e o estudio delas, outra referencia importante son as long tails. Consiste en buscar un termo o mais específico posible xa que haberá menos competencia e será mais sinxelo de posicionar. Seguindo co exemplo da floristería, ademáis de usar keywords como ramo, flores, flor usaremos keywords long tails como rosas vermellas, ramo bouquet, flores primaverais, flores secas para tocados e diademas, flores para te (maxina que vendes flores para tomar co te ou para ensalada, canto mais acotado e preciso, mellor).

L

Link building: En relación cos backlinks (enlaces que están noutras webs e apuntan a nosa) pódese construir unha extratexia e conseguir dirixir o tráfico que está noutras webs ó noso sitio. Ben sendo como marcar unha ruta que lles leva a nosa páxina web.
¡Ollo! hay que facelo de forma gradual e natural, non vale meter o noso enlace nas demais webs (Spam) Existen métodos para facelo:

  • Escribir un artigo/entrada nun blog da mesma temática que conteña algunha URL da nosa páxina.
  • Mellorar entradas que están recibindo backlinks e que consigan máis
  • Redireccionar enlaces rotos ou arranxalos
  • Crear notas de prensa

M

Meta descripción: é un fragmento de texto que aparece nas SERPs. A descripción non debe ser moi longa (máx 155 caracteres), ir ao gran e que resulte atractiva será primordial. O obxectivo é resumir nun par de líneas qué podemos ofrecer e porqué facer click no enlace e non noutra web.

Meta etiqueta: Agora (abril 2021) está en desuso pero pode ser que se encontre nalgun plugin de SEO. Servía para indica-los temas ou categorías dunha web para que as arañas do buscador puideran clasica-la web mellor.

Meta título: é o título/enlace que aparece nas SERPs (o enlace azul subliñado) ao igual que a meta descripción ten que ser curto (máx 60 caracteres) e atractivo.

P

Posicionar: En SEO/SEM cando falamos de posicionar é aparecer de primeiros na páxina de resultados dun buscador. Ser a primeiriña SERPs e ter máis probabilidades de que a xente visite a nosa web.

Redirección 301: Unha redirección é cando un enlace apunta a outra web da que orixinalmente apuntaba. Sóese usar para enlaces rotos o páxinas que, polas razóns que seña, non queremos poscicionar e para non perder autoridade nin posicionamento redireccionamos a outras para que hereden dito SEO.
Que sexa unha redirección 301 quere dicir que vai ser para sempre, se pola contra, queremos que seña temporal usaremos unha redireccion 302

Robots.txt: unha estratexia SEO moi importante é crear un arquivo robots.txt Este arquivo serve para dicirlle os buscadores por onde deben pasar e por onde non (indicaremos as páxinas que indexar e as que non queremos indexar).
Neste arquivo tamén indicaremos onde se encontra o noso Sitemaps

ROI: o ROI quere dicir o retorno da inversión (return of inversion) este cálculo úsase para saber se a inversión feita, tanto de cartos coma de tempo, tivo un bó resultado ou non.
Non hai que olvidar que nunha estratexia de SEO hai que medir resultados e enfrontalos cos costes xenerados (salario dos traballadores, constes en tecnoloxía, auditorías, etc)

S

Search Console: Ferramenta gratuita proporcionada por Google. Con ela podemos revisar qué erros ten o noso sitio web, cómo valora Google o noso sitio e ve-lo rendemento do sitio web. Se se quere posicionar en Google é a primeira ferramenta que hai que usar.

SEM: Ven das siglas Search Engine Marketing e tamén serve para posicionar nun buscador coma o SEO pero neste caso, creando un anuncio que sairá no buscador o cal terá un precio dependendo dalgúns factores. A través de aplicacións coma Google Ads pódense crear campañas e publicar anuncios. Págase por aparecer nos primeiros postos dun buscador e diferencianse do resto porque lles precede a palabra anuncio/Ads antes do enlace:


SEO: Ven das siglas Search Engine Optimization son un conxunto de prácticas para poder posicionar un sitio web nas primeiras posicions dun buscador. As prácticas poden ser uso de palabras chave, optimización do sitio (que cargue moi rápido),etc. 
En resume, sen pagar nada adicional e dunha forma orgánica conséguese estar nos primeiros postos dun buscador (google, yahoo, bing, etc.)

SERPs: Significa Search Engine Results Page, quere dicir que son os resultados que aparecen na páxina dun buscador. Mellorar a posición das SERPs é que aparezcamos nos primeiros enlaces que mostra trala búsqueda e que sexa mais probable que pinche o/a usuario/a.

Sitemap: Mostra a estructura dun sitio web e axuda as arañas de google a indexa-la páxina web. É vital ter un Sitemap xa que canto máis organizado e ordenado esté un sitio web mais sinxelo será posicionalo nos buscadores xa que é algo que valoran moito (traballo que lles aforramos). Normalmente está feito en .xml

Snippet/rich snippet: Os snippets son fragmentos de información que axudan a clasificar e inditificar unha web, un exemplo de snippet son os metatítulos ou metadescripcions que aparecen nas SERPs.
En 2021 cobra especial importancia en posicionamiento SEO, canto máis estructurados e identificados sexan os datos da nosa web mellor nos valorarán os buscadores, a idea é que coa SERPs xa se teña toda a información posible

U

URLs amigables/Friendly URLs: unha URL é amigable cando é fácil de interpretar e está construída por palabras e non por caracteres ó chou. Os buscadores premian as webs que sean fáciles de recordar e que indiquen o tipo de contido que se espera encontrar na páxina:

X url non amigable: miñaweb.gal/blog/artigo1234X
url amigable: miñaweb.gal/blog/5-cosellos-para-SEO

W

WPO: estas siglas corresponden a web performance optimization, é dicir, optimización e mellora dunha web para que responda o mellor posible. Isto refírese a que cargue rápido mostrándose o máis veloz posible o/a usuario/a.
En canto o SEO nos axudará a que esté valorada polos buscadores e polo tanto poidamos subir algunhas posicións nas SERPs.

Bibliografía

https://blogger3cero.com/diccionario-seo
https://www.cyberclick.es/
https://seoalive.com/blog-seo/
https://rockcontent.com/es/blog

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *