Lidia P Diaz

Portfolio de Lidia P Diaz

×

Cómo instalar Prestashop en local con Xampp ou Mampp

Portada-instalarPrestashop

Na entrada anterior vimos o que era un cms e que tipo de cms existían para crear unha tenda en liña (podedes acceder á entrada aqui). Aquí ímonos decantar por Prestashop e imos ver como instalar Prestashop en local e así poder realiza-las probas necesarias antes de publica-la tenda en internet.

¿Qué necesito para instalar Prestashop en local?

O primeiro que imos necesitar é crear un servidor en local, a forma máis sinxela e a través de Wampp/Xampp/Mampp. Este programa inclúe Apache, MySQL e PHP que son necesarios para que o navegador poida ler e carga-la web. Dependendo de qué sistema operativo uses, terás que instalar un ou outro (Wampp para Windows, Mampp para Mac e Xampp vale para calquer sistema operativo, incluso Linux)

Sen entrar en moito detalle e simplemente botar unha ollada a este servicio poderíamos dicir que se compón da seguinte maneira:

W/X/M A primeira sigla corresponde ó nome do sistema operativo que uses (Windows, Linux e Mac, o X quere dicir para calquer sistema operativo (pero no meu imac non funcionou e tiven que recorrer ó mampp)

A Esta letra é a inicial de Apache, isto fai as veces de servidor e xestiona as peticións. Cando fagamos unha búsqueda de algún elemento accederá os nosos ficheiros aloxados en xampp e mostrará o contido correspondente.

M É por MySQL que é un sistema que xestiona a base de datos (listas de clientes, productos, imáxenes, metadatos etc.) creando táboas organiza toda a información para que sexa mais fácil acceder a ela e polo tanto a páxina web poida cargar rápidamente.

P Provén por PHP que é o linguaxe onde se basa o prestashop (é tamén outros cms coma WordPress) axuda a que tanto a parte de Apache coma MySQL se poidan comunicar.

Ademais de un servidor virtual, necesitarás o instalador de Prestashop que se pode descargar na propia páxina oficial.

A instalación paso a paso

Tras esta introducción imos ó gran e monta-la nosa tenda en local, veremos cómo instala-lo servidor tanto en windows coma en mac ainda que os pasos son moi semellantes. Comezamos coa instalación en windows xa que supoño será a máis usada.

Instalación en Windows

Descargamos dende a web o programa. Ó termina-la descarga aparecerá no noso cartafol de descargas un executable onde lle faremos dobre click para inicia-la instalación (se pide permisos pulsaremos en permitir acceso)

Asistente instalacion Xampp

Seguiremos os pasos que dá o asistente de instalación

Comenzando a instalación de Xampp

Unha vez instalado, facemos dobre click sobre o icono de acceso directo e aparecerá un panel de control. Debemos inicia-los servicios de Apache e MySQL (preme no botón [Start] e verás que se remarcan en verde) Pola propia seguridade de windows é posible que aparezca algun aviso de seguridade do cortalumes, nese caso indicaríamos permitir acceso

Panel de control de Xampp

Tras activa-los servicios xa poderemos acceder ó localhost abrindo o navegador e escribindo na barra de direccions: localhost/phpmyadmin (ou tamen premendo no botón [config] o pé de MySQL)

Acceso a phpMyAdmin

Agora que xa temos creado un servidor, o seguinte é crea-la base de datos e instala-lo Prestashop na carpeta htdocs

Instalamos Prestashop

Previamente descargaremo-lo Prestashop na súa páxina web (non é necesario rexistro nin escribir email, acepta condicións e preme o botón descargar)

Localizamo-lo cartafol htdocs indo o panel de control do noso servidor local (xampp) e pulsar no botón [explorer], abriranos un directorio onde podemos ve-lo cartafol. Dentro da carpeta htdocs pegamo-lo arquivo prestashop.zip que descargáramos antes e o descomprimimos ali, cambia o nome do cartafol polo nome da túa tenda (p.ex. tendalidia) e xa podes eliminar o arquivo comprimido.

Abrimos o cartafol htdocs para instalar Prestashop

Para executa-la instalación de Prestashop abrimos un navegador e na barra de direccións escribimos localhost/nomedatenda (p.ex. localhost/tendalidia) e comezará a instalación

Inicio da instalación de Prestashop

O seguinte paso será elexi-lo idioma da instalación e acepta-los termos e condicions como calquer outra instalación.

Asistente instalación Prestashop

O mais probable é que saia algún erro antes de finaliza-la instalación.

Erros comunes ó instalar Prestahsop

Para iso temos que acceder a ventá de Xamp e na parte que corresponde a Apache, prememo-lo botón [config] e seleccionamo-lo arquivo php.ini. Abrirase o arquivo co bloc de notas.

Acceso para editiar o arquivo php.ini

No documento podemos pulsar Ctrl+B e busca-lo termo “Resource limits”, encontrarémonos 3 opcións que modificaremos desta maneira:

  • max_execution_time= 5000
  • max_input_time= 5000
  • memory_limit= 1024M

Edicion do php.ini

Con estos cambios aumentaremos o tempo que pode tardar en carga-las solicitudes e amplia-la memoria xa que o estar en local podemos aproveitar mellor estes recursos.

Logo buscaremos o termo “extension=intl” e quitaremos o ; que ten no principio (descomentaremos esta liña de código para que se poida executar) depois gardamo-los cambios en arquivo>gardar.

Edicion do php.ini



¡Non olvides desactivar e activar tanto Apache coma mySQL en Xamp para actualiza-los cambios!

Volvemos ó navegador onde deixaramos a instalación de Prestashop e prememo-lo botón [Actualizar] ou [Recargar] e comprobamos que xa non saen esos erros. Se é o caso prememos seguinte.

Na seguinte pantalla que se titula “Información da tenda” poñeremos os datos da tenda e os datos de acceso para entrar no backoffice (correo e contrasinal)

Xa queda pouco, agora imos crea-la base de datos para termina-la instalación

Para configurar esta parte, debemos ir a base de datos (myphp) pulsando no boton [admin] na parte de MySQL e crear unha nova base de datos.

Como crear unha bbdd en PhpMyAdmin

Volvemos a ventá do navegador onde deixamos a pantalla de Prestahsop referinte a configuración da base de datos e o configuraremos da seguinte maneira:

  • Dirección do servidor: 127.0.0.1
  • Nome base de datos: o mesmo nome que lle puxemos en MyPhpadmin (p.ex.: tendalidia)
  • Usuario: root
  • Contrasinal: deixámolo en branco
  • Prefixo de táboas: ps_
Configuramos a BBDD en Prestashop

Confirmaremos que a configuración é correcta no botón [Comprobar la conexión de tu base de datos] se todo vai ben, pulsamos en seguinte para finalizar.

Ollo o piollo


Como ben nos avisa prestashop, é importante elimina-la carpeta de instalación polo que temos que volver o cartafol htdocs e busca-lo cartafol install e eliminalo (pulsando click dereito do rato>eliminar)


O paso final e volver a ventá de prestashop e pulsar no botón [acceder al backoffice] ali meteremos o correo e contrasinal que indicamos na pantalla “Información da tenda”.

Finalmente teremos todo listo para comezar a crear a tenda en local e así ter unha copia de desenvolvemento da nosa tenda. Para ver a tenda primeiro teremos que activar dende Xampp Apache e MySQL e despois escribir no navegador localhost/nomedatenda/

Namentres para accede-lo backoffice, será a dirección da túa tenda seguida de /admin e un código alfanumérico que crea aleatoriamente. Se pola contra queres unha url mais sinxela, só tes que ir o cartafol htdocs e busca-la carpeta adminXXXX (os xxx serán números e letras ó chou como acabamos de dicir) despois renomea-lo cartafol pola terminación que queiras (p.ex.: psadmin, neste caso accederás o backoffice coa dirección localhost/nomedatenda/psadmin)

E con isto rematamos a instalación

Espero poder retoma-la entrada do blog xa que me queda a instalación en mac, ainda que é semellante hai algúns pasos un pouco diferentes que poden facer dubidar.

Espero que este tutorial fóse de axuda ou alomenos sirva para dar algunha idea de cómo funciona 😅 😅 Se tes dúbidas ou algunha recomendación, non olvides deixalo nos comentarios. ¡Ata loguiño!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *