Lidia P Diaz

Portfolio de Lidia P Diaz

×

Seguimos…pero en galego

Pasa o tempo

Tras remata-lo máster de márketing dixital, publicidade e deseño con NettFormación acábase unha etapa, pero da paso a outra nova etapa que espero que sexa longa e periódica (¡espero poder publicar a miúdo!) e de ahí esta entrada para poder falar do novo que traerá este blog.

O máis notable deseguro que xa vos decatastedes: o cambio de idioma, xa que o pesar de estar afincada en Madrid dende hai catro anos, eu son galega da zona dos cascarilleiros (que para que non o sepa é Coruña).

¿Por qué escribir en galego?

Primeiro porque me sae de ahí : ) e segundo porque son defensora (como case tódolos galegos/as, por non dicir todos/as) de que debería haber máis contido en galego no internet e nas redes. Que non se equivoque naide, non son unha ultradefensora do galego nin vou dicir eiquí cousas coma que só se debe falar galego en Galicia, que non es galego se non falas galego, que se non sabes 20 poemas de Rosalía de memoria non entendes a literatura e o sentimento galego…

Cada quen que viva Galicia e se sinta galego coma queira, xa están os partidos políticos para politizar unha cultura e unha lingua (por desgraza, porque niso non estou dacordo) a miña (miúda e non sei se valeira) contribución é animar o uso do galego porque che apeteza, porque te sintas máis cómodo/a e porque che sae da c**na.

Outros contidos en galego

A verdade é que non estou moi posta no tema pero sí que estou subscrita a algunha publicación sobre a tecnoloxía e videoxogos en galego (axudaría se compartísedes nos comentarios algún que coñezades) aqui vos deixo unha escolma:

Códigocero.com é unha revista que fala das tics e tódolos trebellos que van saíndo

Revista Morcego é a primeira revista dixital en galego que está adicada os videoxogos

escolaWP nesta escola poderás aprender todo o que che ofrece wordpress para montar unha páxina web e con woocomerce, poderás engadirlle unha tenda online.

¿De qué vai trata-lo blog?

Tras un pequeno estudo de palabras clave e seo, moi pequeno xa que google e o galego según parece non se levan moi ben, decateime que non hai moito contido sobre maquetación e deseño web e moito menos sobre o CMS Prestashop.

A forma de decartarme de que non había contido foi doado, ó seguir formándome no prestashop e o buscar información decateime que non hai nada de esta plataforma en galego. A pesar de ter unha comunidade hispano-falante moi activa.

A cousa estaba clara: xa de paso de que ía fabricarme uns apuntes, ¿por qué non subilos a internet e así dalgunha maneira os tiña gardados?

Ata outra

En fin, non sei cómo de ben funcionará isto e se serei regular á hora de publicar (espero que si) de tódolos xeitos sempre me poderei refuxiar en que isto non é un blog ó uso, se non uns apuntes en liña

Recorda que se coñeces algun lugar con contido en galego que trate do deseño, artes e tecnoloxía web mo fagas saber nos comentarios. ¡Graciñas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *